ESTUFA CERAMICA DE DOBLE COMBUSTION




Estufa con forno


Estufa de ladrillo refractario no seu interior e de pedra por fora, case mil quilos de peso con unha gran inercia térmica. Ten de fondo 70 cm., 66 cm. de frente e 181 cm. de alto. Dispón dun forno de 40 por 40 centímetros, moi axeitado para facer o pan, a pizza, reposteria, etc.  

ESTUFA CALEFACTORA de DOBLE COMBUSTION

Estufa de pedra polo exterior e de ladrillo refractario no interior, con entrada de aire quente para unha segunda combustión. O vidro da porta esta está sempre limpo
Esta preparada para quentar auga, en 30 minutos (escasos) con cinco kilos de leña (pesada cada vez que se prende) quenta oito radiadores de 17º a 60º .

Proxecto de unha estufa eficiente con forno

Esta recreación é de unha das estufas que estou a deseñar, non esta construída con ladrillo refractario convencional se non que todas as pezas están feitas a un tamaño especifico con sistema de ensamblaxe. Ten un forno o suficientemente grande para facer o pan, empanada, pizza..., mentras quentamos a casa, pódese facer sen forno

Outra estufa con aire quente forzado


Estufa rusa de gran tamaño, quenta un local de uns 150 m, ademais leva un sistema de aire forzado para quentar outra estancia










10 - Rematada

Rematada a ECOESTUFA , feita toda con ladrillos cerámicos e con doble combustión. Aproveita o 90% do poder calorífico da leña, unha estufa de ferro aproveita o 15% e a cociña económica de toda a vida un 30%. Ademais, mantense quente durante doce horas pola inercia térmica . Grazas a doble combustión apenas emite gases a atmosfera, por eso podemos chamala ecolóxica.

9 - Ultimos pasos

Xa está case acabada, quedan uns pequenos detalles que rematarei mañán.
No interior do fogar alcanzará unha temperatura de 500 a 600 graos celsius.
Os cálculos que teño feitos, a raíz de toda a investigación que se levou a cabo (este é o cuarto proxecto), son que con doce kilos de leña estará ardendo 12 horas. E grazas á  grande cantidade  de refractarios (máis de 200) a inercia térmica manterá a estufa quente durante outras doce horas. Segundo a leña que utilicemos será suficiente con cargala dúas veces ao día, estou pensando en eucalipto.
Si podes carga o enlace no teu Face, penso que é en beneficio de todos. Obrigado.

8 - A camara de combustion

Unha proba de tiro, vai xenial!. Decían as mulleres vellas cando eu era rapaz que o lume para que ardera ben tiña que ter corazón. Antes o corazón estaba presente en todo, agora falta en todos os lares.

7 - Entrada de aire terciario


6 - A porta

5 - A porta

A porta vai ser de vidro, co cal poderemos ver o lume. Esta vai ser bastante tradicional, para aforrar custes, pero ao mesmo tempo ten que pechar moi ben, servirá como segunda entrada de aire.

4 - Saida de gases

Un pouco rústico este tiro de pizarra, servirá para regular a saída de gases e para gardar o calor cando se apague o lume, ainda que esta tarefa terá que estar ben controlada nos outros tres tiros.

3 - Rematando

Uns 200 ladrillos refractarios que aguantarán quentes durante moitas horas. Agora a esperar a que seque ben!.

2 - Camara de combustiom secundaria

Nesta segunda cámara de combustión, grazas a unha entrada de aire que se quenta por un conducto polo interior da estufa, arderá o alquitrán e outros gases que se producen na primeira combustión, contaminando moitísimo menos.

1 - Entrada primaria de aire

O oco de abaixo servirá para acender a estufa e ao mesmo tempo para recoller a pouca borralla  que queda. Como a combustión e moi completa non deixará moitos restos.